Amorodo segue este xoves (21:00h.) cos’ Solpores’ na Sala Rebullón (Avda. Rebullón, 23). Dende o rap 90’s a ritmos de reggaetón ou trap, sempre en galego e cunha identidade moi definida. Ninguén sabe que estilo de música fai Amorodo, nin que ten ese desastre feito música, pero cada día hai máis xente en chándal e camisa.
Xavi Simón é Amorodo e é de Arbo. En 2019 publicou o seu primeiro disco “O clube das moitas”. Gañou o primeiro premio do certamen Crea Xuventude 2020.
Entradas: billeteira inversa.