Galicia Vigo al minuto

A Área de Vigo conta con 325 prazas de voluntariado durante a campaña de verán

Habilitadas pola Xunta, de xullo a setembro

Ana Ortiz, delegada da Xunta en Vigo asume a presidencia da Xestora do PP na cidade

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou onte as 325 prazas en campamentos e campos de voluntariado que o Goberno galego dispón na área viguesa.

Ortiz visitou a granxa escola O Kiriko, en Fornelos de Montes, onde 45 nenos e nenas de 11 a 14 anos participan no campamento de Educación Ambiental “Kiriko Aventura”. Así, durante o percorrido, sinalou que a Xunta supera este ano as prazas ofertadas no verán de 2022. “Galicia volve bater todos os récords nesta campaña de verán ao ofertar 11.200 prazas en toda a comunidade, 400 máis que o ano pasado, e na provincia de Pontevedra o número ronda as 2.400”, sinalou a delegada.

Outros cinco campamentos

Así, ademais de Kiriko Aventura (45 prazas), esta mesma semana hai outros cinco campamentos e campos de voluntariado en funcionamento na área territorial viguesa: “Aldea Alfacuca” en Mos (15 prazas); “Ruta de Palacios” en O Porriño (15 prazas); campo “Illa de San Simón” en Redondela (15 prazas); campamento cultural “Illa de San Simón” (30 prazas) e “Zerowaste” na Residencia de Tempo Libre de Panxón (90 prazas).

Cíes

Por último, outras 100 prazas repártense nos 5 campos de voluntarios das Illas Cíes durante os meses de xullo, agosto e setembro. Nesta liña, Ana Ortiz lembrou que estas actividades son habituais cada verán para favorecer a conciliación familiar e laboral e para contribuir ao desenvolvemento, a formación e o lecer da mocidade.

También te puede interesar