Comarcas Vigo al minuto

Dez nenas e nenos da cidade ucraína de Bucha, pasan as vacacións nas Rías Baixas

O presidente da Deputación estivo hoxe con eles

Dez nenas e nenos da cidade ucraína de Bucha, pasan as vacacións nas Rías Baixas

O presidente da Deputación recibiu este martes un grupo de dez menores da cidade Ucraína de Bucha, unha das zonas máis castigadas pola guerra, que pasarán o mes de agosto nun campamento nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra.

Luis López, que lles fixo entrega de agasallos, deulles a benvida desexándolles unha proveitosa estancia e amosando o seu desexo de que poidan coñecer os atractivos da provincia de Pontevedra.

Este grupo de menores ucraínos, de entre 9 e 14 anos, vén acompañado dun adulto experto en traballo social. Todos eles proveñen de Bucha, na rexión de Kiev e forman parte de familias numerosas, de combatentes, de militares e de falecidos en combate. As cativas e cativos permanecerán entre nós ata o 28 de agosto e estarán a residir nun espazo preparado para que teñan todas as comodidades dun fogar convencional.

Atención

Así, durante estes días, a Deputación de Pontevedra ofrécelles servizo de manutención; médico; atención psicolóxica; tradución; posta a punto de roupa; acceso á piscina do centro e unha ampla planificación de actividades nas que se potenciarán valores como a convivencia; benestar; coidado do medio ambiente e o coñecemento lingüístico.

Lecer

Tamén están programadas excursións para que coñezan recunchos da provincia de Pontevedra como A Illa de Arousa; Cabo Home; Cangas e praias como A Lanzada e Lapamán, así como outros lugares de Galicia como Santiago de Compostela, Cerdeda, a Costa da Morte e Gandarío.

O campamento de menores de Ucraína en Príncipe Felipe é unha iniciativa organizada polo Comité Europeo das Rexións e pola Asociación de Cidades de Ucraína, encabezada polo alcalde de Kiev, Vitali Klichkó, para apoiar as nenas e nenos que están a sufrir as consecuencias da guerra. O pasado xullo as instalacións da Deputación de Pontevedra
acolleron outro grupo de dez menores procedentes de Pervomaiske, cidade moi próxima á zona de conflito.

Declaracións do presidente da Deputación, hoxe logo da reunión cos cativos ucraínos

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.