Destacados Vigo al minuto

O BNG de Vigo urxe reforzar o mantemento de Peinador para evitar novos peches

Tamen propón un Plan de Dinamización do aeroporto da cidade

Vigo sigue teniendo el tercer aeropuerto de Galicia en pasajeros, acercándose a Coruña

O Bloque Nacionalista Galego urxe reforzar o mantemento de Peinador para evitar novos peches da terminal. Así, pide a Aena que intensifique os traballos até que se inicie a renovación integral da pista de aterraxe, anunciada para maio de 2024, para que non volva quedar inoperativa pola aparición de fochancas, como ocorreu o pasado marzo por terceira vez en apenas ano e medio.

Dinamización

Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, asegurou ademais que aproveitando este investimento “é o momento” de mellorar a terminal do sur de Galiza cun Plan de Dinamización. Unha proposta que os nacionalistas levan anos demandando, a través de emendas aos Orzamentos Xerais do Estado, pero que toparon sempre coa “negativa dos sucesivos Gobernos españois e coa total inacción por parte da Xunta”.

É hora de apostar decididamente por Peinador, e iso esixe un compromiso firme e claro dos Gobernos español e galego para potenciar o aeroporto da área económica máis importante de Galiza”, defendeu Igrexas.

Conexión intermodal

Entre as medidas propostas, o voceiro do BNG reclamou mellorar os accesos viarios á terminal viguesa e tamén a súa conexión intermodal: tanto coas estacións de tren como coa posta en marcha dun servizo de bus directo, como existe no resto de aeroportos galegos. No mesmo sentido, chamou a tomar as medidas necesarias para permitir a apertura do aeroporto durante as 24 horas do día, e non só durante unha parte da xornada.

Dende o Bloque consideran ademais “absolutamente estratéxico” desenvolver as potencialidades de Peinador como terminal loxística e de mercadorías. “Para evitar situacións como, por exemplo, que o peixe que se descarga no Porto de Vigo viaxe en avión dende outros aeroportos do Estado”, salientou Igrexas.

Te podría interesar