O Pazo de Urzáiz prepárase para recibir a unha das bandas máis influentes e talentosas da música alternativa, Wilco. A aclamada agrupación americana presentarase no escenario principal de Espazo Fest, levando o seu inconfundible estilo e o seu cativador repertorio a miles de seguidores dentro da terceira edición do festival dos Pazos de Nigrán.
Wilco
Así, a lendaria banda estadounidense, será a estrela principal do festival e actuará o próximo 20 de agosto presentando o seu último traballo, “Cruel country”. Trátase dunha volta ás raíces que Jeff Tweddy deixa patente na nota de prensa deste álbum: “no pasado, sempre foi valioso e liberador para nós afastarnos da etiqueta country. Axudounos a crecer e manter as nosas mentes abertas á inspiración que vén de preto e de lonxe”.
Tré Brut
O festival abrirá o próximo 20 de agosto coa actuación dunha das novas voces do folk americano, Tré Burt. A combinación perfecta de cancións de primeiro nivel e unha voz que leva a mensaxe a través de calquera barreira que poidas ter.
Ademais, para garantir a comodidade dos asistentes, dispoñerase, dunha ampla zona gastronómica e dun servizo de autobuses que conectará Porto do Molle co Pazo de Urzáiz. Os horarios daranse a coñecer proximamente.
As entradas continúan á venda a un ritmo acelerado a través de www.espazofest.com e www.teuticket.com a un prezo de 35€ (+gastos de xestión).