Skanderani segue este xoves (21:00h.) cos’ Solpores’ na Sala Rebullón (Avda. Rebullón, 23) e, como nas semanas anteriores, con billeteira inversa.
Skanderani é un cuarteto con base na Estrada, formado por Alex á batería e percusións, Carlos ó baixo, Denís no sampler e Ahmed na guitarra, sintes e gritos. O grupo nace en 2022, pero ten a súa orixe nunha gravación de verán feita uns anos antes por Ahmed, baixo a influencia do Jazz Etiope, Fela Kuti, Jim Jarmusch, e Tom Waits, entre outros.
Esa grabación titulada “Bastard Jingles” estaba baseada nunhas estritas normas: manter sempre os mesmos ingredientes en todos os temas (mostras afro, baixo con distorsión, guitarra, teclado con fuzz e ritmos), usando escalas árabes, e riffs repetitivos sobre ritmos tribais.
En 2021 o selo madrileño Travesuras Sónicas decide publicar “Bastard Jingles” en vinilo e reclama un directo a Skanderani para presentar o traballo e xuño de 2022. De este modo todo o son se reconstruíu en forma de banda, dando como resultado un set bailable e festivo, aberto ás improvisacións e mantendo o espírito de cómic propio da gravación.
Tras unha serie de concertos dende aquel debut, os Skanderanis recalarán finalmente nos Solpores do Rebullón este xoves 3 de agosto de 2023, “dispostos a levar as enseñanzas de Mulatu Astatke, Dillinger e a Orquesta Panorama”.