Comarcas Vigo al minuto

Flota como poidas, en Nigrán

Flota como poidas, en Nigrán

Nigrán prepárase para festexar este domingo, día 6, o seu evento máis surrealista e hilarante do verán: a concentración de artefactos flotantes ‘Flota como Poidas’.

Así, 30 tripulantes con idades comprendidas entre os 7 e os 65 anos e distribuídos en dez ‘pseudoembarcacións’ construídas por eles mesmos, competirán desde as 17:30 horas na Foz do Miñor. Os premios desexados son o delirante ‘Titanic’, ao primeiro que afunda; o artefacto máis ‘cutre’ e máis ‘currado’, ou á tripulación máis ‘intrépida’ e ‘simpática’.

Do ‘Juan Sebastián Elpalo’ a ‘Gondoleiros en apuros’

O evento, que cada ano reúne a centos de persoas na contorna da ponte romana, apunta á diversión absoluta ao tenor dos nomes dos artefactos flotantes inscritos: ‘Juan Sebastián de Elpalo’, ‘As Chuzas’, ‘Escenas de matrimonio’, ‘¡Mandacaballo!’, ‘Gondoleros en apuros’, ‘Can de Palleiro’, ‘Petrogran’, ‘A bicichoca’, ‘Equipo Firulais’ e ‘Villa Cousa’.

Portobelo

Como é xa habitual, o ‘Flota como poidas’ coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobelo’ organizada coa asociación de empresarios Ovalmi na Alameda de A Ramallosa durante todo o día.

É por iso que o Concello abrirá excepcionalmente este domingo de 10:00 a 22:00 horas o parking municipal gratuíto da rúa Argonautas (ao carón da Piscina Mancomunada) para facilitar a asistencia (o horario habitual é de luns a sábado de 8:00 a 22:00 horas e tamén gratis).

También te puede interesar