A península do Morrazo acolle este venres un dos momentos máis esperados do 20º aniversario do festival SonRías Baixas. O dúo madrileño Natos y Waor chega a Bueu como cabeza de cartaz do Escenario Fest Galicia para presentar os temas do seu cuarto disco, “Luna llena”.
Os “Underground Kings” do rap español pariron un disco no que xogan con moitos paus distintos pero tamén no que tamén voltan a mirada e reflexionan sobre tantos anos ao pé do cañón. Reconcílianse con eles mesmos, co seu pasado, e fano a través das súas letras pero tamén a través do seu son coa inestimable compañía do seu combo de confianza: Gareta á produción e Jack Sheehan á guitarra.
Non se vaian…ainda hai máis
Sonrías Baixas segue coa súa aposta por unha proposta musical tan ecléctica como divertida. Ademáis de Natos y Waor, contará ao longo da xornada co directo de rumba, salsa, funk e reggae de intención multicultural de La Ganga Calé, e con Muyayo Rif e as súas ganas de “VIVIR” en maiúsculas, disfrutando da música nun espectáculo que presentaron por escenarios de todo o mundo.
Haberá tempo tamén para a reivindicación das desigualdades entre homes e mulleres do colectivo Tremenda Jauría que nos regalará unha descarga de temas pegañentos de reggaetón, moombathon, electrocumbia e dembow desbordantes de mensaxes de apoio mutuo, tenrura, rabia e loitas cotidianas.
Os nomes máis prometedores do panorama emerxente tamén terán cabida coas actuacións no Escenario Turismo Rías Baíxas de Lia Kali presentando os temas do seu primiero traballo, un mix de reggae, jazz, soul e rap, e de Queraltz Lahoz, que chegará a Bueu no seu momento máis doce coa súa mistura de flamenco atravesado por sons latinos, de raíz e urbanos.
Os temazos para queimar a pista de baile están asegurados grazas a Cool Nenas, trío cheo de actitude, enerxía e tras o que se atopan dani, mariagrep e Kimberley Tell.
Anoite, a xornada de apertura do xoves estivo marcada pola presentación no Morrazo de 30s40s50s, Samuraï e Santa Salut, a enerxía sempre desbordante de Lendakaris e Boikot e un peche de luxo a cargo de ETS.