O Concello de Baiona, celebra o vindeiro domingo 20 de agosto unha nova edición de “Andar e Correr”, carreira pedestre popular referente da programación estival e deportiva na área metropolitana de Vigo e na comarca do Val Miñor. O prazo de inscrición para esta tradicional cita deportiva por Baiona está aberto ata o vindeiro martes día 15 premendo AQUÍ.
Así mesmo, nesta edición 2023 a Concellería de Deportes puxo en marcha una campaña a ‘pé de rúa’ de captación e potenciación desta proba baionesa. Así repártense adhesivos cun código QR, que leva directamente a través do teléfono ao formulario de inscrición.
A proba sairá dende o parque de “A Palma”, con percorrido de 10 quilómetros polo Camiño Portugués da Costa. No mesmo, os atletas pasarán polo Cruceiro da Santísima Trindade; Santa Liberata; a subida de San Antón e Baredo para regresar polo Rompeolas.