Galicia Vigo al minuto

A Deputación achega 140.000€ a Salvaterra para paliar os danos das inundacións do inverno pasado

Anunciouno hoxe o seu presidente, Luis López

A Deputación achega 140.000€ a Salvaterra para paliar os danos das inundacións do inverno pasado

O presidente da Deputación de Pontevedra informou en rolda de prensa da aprobación en Xunta de Goberno dunha achega de 140.000 euros para o Concello de Salvaterra de Miño co obxectivo de reparar os danos causados polas inundacións do pasado inverno en infraestruturas de titularidade municipal deste concello.

Luis López, sinalou que “as administracións debemos axudar os concellos da provincia, ante estas situacións imprevistas, para facerlles fronte a estas circunstancias, repoñer as súas infraestruturas e mesmo melloralas de cara a situacións similares no futuro”.

Camiños municipais danados

Deste xeito, os recursos que recibirá o Concello de Salvaterra destinaranse ás obras de reparación dos danos causados polas inclemencias meteorolóxicas en varios camiños municipais, un total de sete localizados de seis parroquias, situados nos lugares de Xestal (parroquia de Arantei); Espedrigada (Porto); Fillaboa (Salvaterra); Muíño da Ponte (Corzáns); Serradela (Meder); Medóns e Sampríns (Leirado).

Danos en beravias, muros de contención e sistemas de drenaxe

Por mor das inundacións, todas estas infraestruturas presentaron asolagamentos e deterioro de beiravías, desprazamento de muros de contención ou danos no sistema de drenaxe. Ás axudas aprobadas pola Deputación estarán destinadas a proxectos de reparación e a refacer muros de contención destas sete vías municipais. Ademais, naquelas nas que é necesario, tamén está prevista a colocación de biondas de seguridade e reposición dos sistemas de drenaxe danados.

También te puede interesar