O Concello de Nigrán ofrece este sábado, día 12, unha das súas actividades estrelas deste mes para o público infantil e xuvenil: un megatobogán acuático de 65 metros de longo que discorrerá ao longo da rúa Damas Apostólicas (A Ramallosa) aproveitando a pendente desta estrada.
Gratuito
A estrutura abrirá, de xeito totalmente gratuíto, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, estando indicada para rapazas e rapaces maiores de 6 anos de idade. Os participantes tan só deben acudir en bañador e recibirán un flotador por parte da organización para deslizarse sobre el durante todo o percorrido.
“A rúa Damas Apostólicas transformarase durante un día no parque acuático de Nigrán para o goce do público máis pequeno”, explica o alcalde, Juan González, quen propón o sábado “un plan familiar completo na Ramallosa”, ao coincidir co ‘Cinema a Pedal’ desde as 19:00 horas no Esteiro de A Foz.