O Pazo de Urzáiz comeza os preparativos para recibir este domingo 20 de agosto a unha das bandas máis influentes e talentosas da música alternativa, Wilco. A aclamada agrupación americana presentarase no escenario principal de Espazo Fest, levando o seu inconfundible estilo e o seu cativador repertorio a miles de seguidores dentro da terceira edición do festival dos Pazos de Nigrán.
“Cruel country”
Wilco, a lendaria banda estadounidense, será a estrela principal do festival e actuará nos espectaculares xardíns do Pazo de Urzáiz onde, ademais de presentar o seu último traballo, “Cruel country”, tamén soará “Evicted”, o adianto da seu 13º disco titulado “Cousin”, para finais do mes de setembro.
Parece que despois de 25 anos desde o seu debut como Wilco, os estadounidenses deciden volver ás súas orixes e abrazar a música tradicional sen complexos. Aquela necesidade de fuxir da etiqueta country que tanto lles molestaba, aquela procura incesante da experimentación que lles converteu no que son, é agora unha oportunidade para facer as paces coa tradición. Esta nova versión de Wilco, outra máis dun camiño que xa opta a lendas da música americana, parece a ocasión inestimable para poder degustalos este verán dentro dun evento tan máxico como Espazo Fest.
Tré Burt
O festival abrirá coa actuación dunha das novas voces do folk americano, Tré Burt. A combinación perfecta de cancións de primeiro nivel e unha voz que leva a mensaxe a través de calquera barreira que poidas ter.
Ademais, para garantir a comodidade dos asistentes, dispoñerase, dunha ampla zona gastronómica e dun servizo de autobuses lanzadeira que conectará Porto do Molle co Pazo de Urzáiz entre as 18.45 horas e as 21.30 horas, e partir das 00.30 horas entre o Pazo e Porto do Molle, brindando unha forma fácil e conveniente de chegar ao recinto.