Galicia Vigo al minuto

Aínda estás a tempo de subirte a un dos ‘trens turísticos’

É un dos éxitos deste verán en Galicia

Aínda estás a tempo de subirte a un dos 'trens turísticos'

A campaña dos trens turísticos de Galicia 2023 posta en marcha por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe
e o Inorde, acada xa un 80,9% de ocupación, xa que das 2.040 prazas ofertadas ata o de agora xa foron cubertas 1.650.

Esta modalidade de turismo que combina viaxes en tren con visitas a lugares especiais da xeografía galega lévase desenvolvendo desde 2013. Ano tras ano, grazas á alta demanda e ocupación, os trens turísticos foron evolucionando para poder ofrecer un amplo abano de posibilidades aos viaxeiros.

11 itinerarios

Este 2023, son 11 os distintos itinerarios: a Ruta dos queixos de Galicia; das Mariñas; a Ruta dos faros; dos pazos e os xardíns históricos; a Ruta do viño Rías Baixas; viños do Ribeiro; a Ruta dos viños de Monterrei; da lamprea; a Ruta dos mosteiros; a das camelias en flor e a Ruta experiencia Museo Estrella Galicia en A Coruña; estas dúas últimas como novidades que acadaron o 100% de ocupación.

Paraxes atractivos e produtos enogastronómicos

Grazas aos itinerarios deseñados, os visitantes achéganse a paraxes especialmente atractivos do noso territorio a través dun medio sostible como é o ferrocarril ademais de coñecer os produtos enograstronómicos galegos de calidade.

Polo que respecta aos billetes, os prezos para estes trens mantéñense desde hai tres anos: 45 euros adulto e 20 euros neno por ruta. Toda información relacionada cos Trens turísticos de Galicia pode consultarse nas páxinas
www.turismo.gal e www.renfe.es .

También te puede interesar