Comarcas Vigo al minuto

Cambio na numeración dos inmobles, casas e edificios de Tui

O proceso é totalmente gratuíto para os veciños e veciñas

Cambio na numeración dos inmobles, casas e edificios de Tui

Como aprobara o Pleno do pasado 24 de novembro, o Concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal, un cambio co que se pretende pór fin aos problemas que se rexistraban até a actualidade tanto no referido á denominación coma a numeración das vivendas e fincas, e tendo en conta a importancia que para a veciñanza ten que tanto os nomes das rúas coma a numeración das vías sexa a correcta.

Agás no centro

Neste momentos unha empresa contratada polo Concello está a colocar en todo o termo municipal, agás no centro urbano, as placas identificativas co nome do barrio ou rúa e o número correspondente. Este proceso é totalmente gratuíto para os veciños e veciñas, que o único que deben facer é facilitar a colocación da mesma por parte dos operarios da empresa contratada.

Para proceder a este labor dende a empresa estase a contactar coa veciñanza para proceder á instalación da sinalada placa. Aquelas vivendas onde se produce un cambio na numeración están a recibir unha notificación por parte do Concello.

Comunicar os cambios de enderezo

O que si terán que facer os veciños e veciñas, aos que lles mude o seu enderezo é informar do cambio ás empresas de subministros de luz, auga, telefonía,.. así coma aos distintos organismos coma Axencia Tributaria; Xefatura de Tráfico; Seguridade Social; SERGAS… ou outros organismos e entidades que teñan que ser coñecedores do seu enderezo. O Concello realizará automaticamente o cambio no padrón e no catrastro.

Consulta a nova numeración

A nova numeración pódese consultar na web municipal ou na sede electrónica no apartado 13 de Padrón e Demarcación Territorial na Área de Transparencia ou presencialmente na Secretaría na casa do concello. Así, no documento denominado “Distribuidor” débese localizar o mapa correspondente ao inmoble e descargar logo plano correspondente onde ven sinalizada a nova numeración e entre parénteses a antiga.

También te puede interesar