Destacados Vigo al minuto

1,5 millóns para a reforma integral do parque Nelson Mandela de Navia

A Deputación de Pontevedra achega 940.000 euros

1,5 millóns para a reforma integral do parque Nelson Mandela de Navia

O Goberno local aprobará este venres, 1 de setembro, a contratación das obras para o novo arborado e reordenación do Parque Nelson Mandela, de Navia. En total o investimento nesta obra é de 1.500.000 euros, dos que a Deputación de Pontevedra achega 940.000€ e o Concello 560.000€. O prazo de execución será de 5 meses.

Convenio Concello-Deputación

Así, esta obra será posible grazas ao convenio asinado no seu día entre o Concello e a Deputación. Hoxe dende a institución provincial, dado que o alcalde non citou a aportación do organismo provincial, indicaron que agardan que o Goberno municipal “respecte os termos que se recollen no convenio e que obrigan a deixar constancia de que a obra realízase en colaboración das dúas administracións”.

Adaptación paisaxística

“É unha adaptación desde o punto de vista paisaxístico, con conexión á rúa Teixugueiras”, informou Abel Caballero. O alcalde apuntou a que, tal e como recolle a memoria do proxecto, a actuación contempla a mellora das conexións entre os espazos interiores do parque coa rúa Teixugueiras; a implantación de xardinería e arborado; a reordenación do parque por zonas: auditorio ao aire libre; xogos de Teqball; zona canina; labirinto vexetal; zonas de relax e lectura; esculturas; a renovación da rede de rega e a instalación de novo mobiliario urbano.

También te puede interesar