Galicia Vigo al minuto

Comeza a ‘Operación retorno’: isto é o que tes que facer en caso de accidente

Estos son os concellos dos profesionais do 061

Comeza a 'Operación retorno': isto é o que tes que facer en caso de accidente

Os responsábeis do 061 Galicia, servizo que coordina e xestiona as urxencias e emerxencias sanitarias na Comunidade, lembran a importancia da colaboración cidadá no caso de sufrir ou ser testemuña dun accidente do tráfico, ante o comezo, hoxe, da ‘Operación Retorno’ do verán.

Como actuar ante un accidente de tráfico

Así, os profesionais aconsellan ter en conta as seguintes medidas, no caso de atoparse cun sinistro de tráfico, xa que “a axeitada colaboración cidadá pode salvar moitas vidas e evitar lesións moi graves das persoas feridas”.

  • Antes de auxiliar nun sinistro de tráfico, aparca o vehículo nun sitio seguro, afastado do accidente, e prende as luces de emerxencia. Nunca poñas en perigo a propia vida. Para iso, antes de atender aos accidentados, adopta as medidas de seguridade axeitadas, xa que de nada serviría aumentar o número de vítimas.
  • Utilize roupa reflectante de alta visibilidade e sinaliza o lugar do accidente utilizando os triángulos de sinalización ou as luces de emerxencia regulamentarios.
  • Chama canto antes ao 061. Os profesionais médicos da Central de Coordinación indicaran que tes facer e como actuar ante os posibles feridos, ao tempo que os recursos asistenciais do servizo de urxencias se desprazan ata o punto do sinistro.
  • Lembra que a persoa que se atopa no lugar do sinistro pode ser de grande utilidade: canto máis datos se lle dean, máis se axudará ao servizo de atención ás urxencias sanitarias na súa tarefa. É necesario facilitar o emprazamento exacto e correcto do lugar do accidente e o estado dos feridos para que se poidan enviar os recursos sanitarios necesarios que dependerán da gravidade do sinistro.
  • Así mesmo, e salvo que haxa perigo de incendio ou novas colisións, non se debe mover a ningún ferido, xa que poderían agravarse as súas lesións.
Balance Operación Retorno do Verán 2022

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana da Operación Retorno do Verán do ano pasado 77 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre o venres, 2 e do domingo, 4 de setembro de 2022.

A Central de Coordinación recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 55 asistencias sanitarias. Ollo: por provincias, foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 22 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

En 66 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e 11 persoas foron asistidas no lugar do sinistro.

También te puede interesar