Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Mos abre a inscrición para o programa de maiores ‘Exercítate’

Combina Natación e Ximnasia de mantemento

O Concello de Mos abre a inscrición para o programa de maiores 'Exercítate'

O Concello de Mos xa ten aberto o prazo de inscrición no ‘Programa Exercítate’, que comezará durante este mes cos seguintes horarios: as clases de natación lévanse a cabo os martes e xoves de 10.45 a 11.30 h e os mércores e venres de 11.00 a 11.45 h.

Doutra banda, as clases de ximnasia de mantemento realízanse os mércores e venres e os martes e xoves; en ambos os casos en horario de 10.45 a 11.45 h. Os usuarios poden elixir os horarios de tal forma que poderán gozar de catro dias á semana de exercicio físico; dous días de natación e dous días de ximnasia.

‘Exercítate’

O proxecto “Exercítate” está dirixido a mosenses da terceira idade cuxa finalidade é mellorar a calidade de vida das persoas maiores, potenciando tanto a súa saúde física como a mental, mediante actividades lúdico-deportivas. Poden anotarse as persoas empadroadas no concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos.

Inscricións

As inscricións poderán realizarse a partir de hoxe na Piscina Municipal ou preferentemente no teléfono 986 33 40 70. As admisións serán por rigorosa orde de inscrición valorando sempre que todos os usuarios poidan participar nalgunha actividade.

También te puede interesar