Galicia Vigo al minuto

A vacinación dos bebés contra a bronquiolite comeza o día 25 deste mes

A previsión é inmunizar a todos os cativos que naceran a partir do 1 de abril deste ano

Desde hoy, todos los trabajadores podrán pedir la extensión del permiso de lactancia hasta 28 días

O presidente da Xunta anunciou hoxe en Vigo que este mes de setembro comeza a inmunización dos bebéscontra o virus respiratorio sincitial. Durante unha visita a nova escola infantil da Cidade da Xustiza, Alfonso Rueda aseguró que Galicia será pioneira en protexer aos cativos contra este virus que causa bronquiolite e provoca ata un millar de hospitalizacións ao ano na nosa Comunidade.

Dende o día 25 en 14 hospitais

Así, asegurou que Galicia foi a primeira en adquirir e recibir as doses para levar a cabo a campaña de inmunización contra o virus respiratorio sincitial que agora comezará nos 14 hospitais públicos.

Tal e como explicou o presidente, a partir do 25 de setembro, recibirán inmediatamente a dose correspondente todos os nenos que nazan en Galicia. Ademais comezará a inmunizarse tamén a aqueles rapaces que fosen prematuros (nados desde o 1 de outubro de 2021) e aos menores de dous anos que sexan considerados de alto risco ao padecer certas patoloxías como displasia broncopulmonar ou cardiopatías.

Citas

A previsión é inmunizar a todos os cativos que naceran a partir do 1 de abril deste ano. Por iso, entre o 2 e o 15 de outubro vaise citar aos nenos nados a partir dese mes e que non entran no primeiro grupo (prematuros ou de alto risco).

Virus respiratorio sincitial

O virus respiratorio sincitial é un dos responsables da bronquiolite en bebés, unha patoloxía que causa preto de 1.000 hospitalizacións cada ano só en Galicia, o 75% en rapaces de menos dun ano.

También te puede interesar