Vigo recibiu hoxe aos alumnos e alumnas da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago que cursarán sexto ano de grao nos centros sanitarios públicos vigueses. En total son 99 estudantes (79 mulleres e 20 homes).
800 doutores e doutoras
Asi, desde o ano 2014, no que recibiuse aos primeiros alumnos de 6º de medicina (11) ata a actualidade, tense formando a case 800 estudantes na práctica clínica.
Equipo docente
Todas estas alumnas e alumnos de Medicina realizan o seu último ano nun hospital, cun curso práctico no que se lles imparte un programa docente baseado na rotación por diferentes especialidades médicas e cirúrxicas. En total, traballan sete materias: clínica médica; clínica cirúrxica; urxencias e servizos centrais; clínica obstétrica e xinecolóxica; pediátrica; clínica psiquiátrica e medicina familiar e comunitaria. Durante este período lectivo, os estudantes cumpren un horario de 08.00 á 15.00 horas, e tamén realizan gardas.
O equipo docente está composto por 28 profesores asociados e 752 colaboradores e na actualidade, na Área Sanitaria de Vigo hai un total de 1.500 estudantes, ademais dos de Medicina, que cursan diversas disciplinas nos centros asistenciais.