Para facelo porsible, o Concello iniciou os trámites para licitar a contratación da primeira fase das obras de mellora que contarán cun orzamento máximo de 106.000 euros.
Impulsar a Praza de Abastos
Asi, o obxectivo é impulsar a Praza de Abastos, situada no centro da vila, converténdoa nun espazo de encontro e lecer que ofrecerá aos consumidores produtos de calidade e hostalería. “Queremos reconverter o mercado, tanto no interior como na súa contorna, para facer deste emblemático edificio o centro neurálxico da zona comercial e de ocio e atraer nova clientela. Respectando sempre a esencia deste edificio de Xosé Bar Boo”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
Fontanería, electricidade, saneamento ou alumeado
Pra facelo posible, a actuación na Praza de Abastos inclúe a renovación das instalacións de fontanería, saneamento e electricidade. Ademais, renovarase o pavimento de todo o edificio, tanto na planta baixa como na entreplanta, ampliando esta última para conseguir máis superficie de uso. Por último, traballarase tamén no exterior do edificio para subsanar os danos estructurais que presenta.
Un proxecto global
Ademais, o proxecto ten un concepto global: así inclúe en seguintes fases a mellora da contorna, trasladando o espazo de aparcadoiro a unha parcela contigua para crear unha praza exterior anexa ao edificio. Dispoñer dun amplo espazo para a celebración de feiras e eventos. E, por último, reordenar o tráfico da zona e rematar cos problemas de aparcamento.