Arredor de 500 xubilados e pensionistas de 27 entidades con sede en 19 concellos da provincia comezarán esta semana, entre os días 11 e 16 de setembro, novas accións formativas do programa provincial “Depo en marcha”. A través desta iniciativa, a Deputación de Pontevedra promove a participación e a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias para fomentar a independencia das persoas maiores.
Luns, 11
A semana arranca este luns 11 de setembro con seis novos obradoiros. Dúas entidades comezarán cursos de teatro, o Centro Social da Terceira Idade de Vilagarcía de Arousa e a Asociación da Terceira idade Garatuxa das Nosas Rúas
(Vigo). A Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer AGADEA, da Estrada, iniciará un curso de habilidades dixitais para o uso cotián, mentres que a Asociación de Mulleres Rurais de Loño (Vila de Cruces) iniciarase en pilates. Ademais, a Asociación Camiño Vello de Marín e Comarca e a Asociación de Veciños San Andrés de Barrantes (Ribadumia) comezarán cursos de conservación da memoria.
Martes, 12
Será a quenda do comezo doutras cinco accións. Dous colectivos iniciaranse nos talleres de risoterapia: ATEGAL (Vigo) e a Asociación Centro Cultural e Social de Baíña (Baiona). A Asociación de Maiores de Ponteareas comezará un curso de conservación da memoria, a Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares (Vigo) un obradoiro de musicoterapia e a Asociación de Veciños San Antonio (Arbo) iniciarase nas plantas medicinais.
Mércores, 13
O mércores 13 de setembro a Asociación Veciñal Doutor Fleming de Vigo iniciará un curso de conservación da memoria, e as Mulleres Rurais Anduriña de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa) comezarán un de restauración de mobles e tapicería.
Xoves, 14
O xoves 14 de setembro dúas asociacións iniciarán cursos de risoterapia: a Asociación Veciñal da Parroquia de Bora (Pontevedra) e a Asociación Cultural Chorima (Moraña). Tamén en Moraña, a Asociación de Mulleres Rurais O Menhir
iniciarase na terapia emocional, positividade e canalización das emocións, mentres que a Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza (Fornelos de Montes) comezará un curso de restauración de mobles e tapicería.
Ventes, 15
Comezan oito obradoiros: a Asociación Párkinson Baixo Miño (Tui) iniciarase na musicoterapia, mentres que a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Caldas de Reis comezará un obradoiro de teatro. A Asociación Veciñal de Consumidores, Usuarios e Cultural Emilio Crespo de Navia (Vigo) iniciará un curso de risoterapia, e a Asociación Centro Culrutal Recreativo Parada do Miñor (Nigrán) o de pandeireta e canto popular.
Ademais, dúas asociacións porán en marcha cursos de bailes de salón, a Asociación Mulleres Rurais a Torre da Barreira de Riobó (A Estrada) e a Asociación de Veciños do barrio de Saramagos (Redondela), a Asociación de Veciños Penelas de Aguasantas-Cotobade (Cerdedo-Cotobade) comezarán un curso de pilates e a Asociación de Pensionistas de Ariño-Aldán (Cangas do Morrazo) iniciará unha acción de conservación da memoria.
Sábado, 16
Por último, o sábado 16 de setembro a Asociación de Veciños e Amigos Santiago de Caroi (Cerdedo-Cotobade) comezarán un curso de pandeireta e canto popular, mentres que a Asociación Veciñal de Manduas (Silleda) se iniciará na restauración de mobles e tapicería.