A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade estivo hoxe en Baiona para supervisar o remate das obras destinadas a reducir o risco de inundacións na contorna da desembocadura do río Groba en Sabarís. En total, os traballos supuxeron un investimento de preto de 545.000€.
Camiño das Monxas e de Pouquena
Os mesmos, consistiron na mellora da drenaxe en dous viarios municipais desta zona: o Camiño das Monxas e o Camiño Pouquena. Este mesmo mércores, serán entregadas ao Concello, que se encargará a partir de agora
do seu mantemento.
Maior capacidade de desaugue
Así, Ethel Vázquez, subliñou que a culminación desta actuación dotando a estes 2 viarios de maior capacidade de desaugue, permitindo estar mellor preparados fronte ao risco de enchentes. En concreto, a bacía do río Groba neste lugar correspóndense cunha zona identificada como de risco potencial significativo de inundación, no Plan de inundacións da demarcación de Galicia-Costa.
Inundacións recorrentes
Nesta liña, a conselleira explicou que estes viarios tiñan un historial de inundacións recorrentes desde hai anos. En concreto, debíanse á “deficiente drenaxe de pluviais, con episodios agravados cando as fortes precipitacións coincidían coa preamar”. Ademais, indicou Vázquez, “é unha zona cha, sen pendentes, onde a auga tende a estancarse e, ao non ter capacidade de evacuación, asolagaba os viarios e construcións lindeiras”.