Comarcas Vigo al minuto

Roi Méndez e o Festival Urbano Son do Tea, esta fin de semana en Ponteareas

A entrada a ambos eventos é de balde

Roi Méndez e o Festival Urbano Son do Tea, esta fin de semana en Ponteareas

A mocidade é a protagonista da programación desta fin de semana en Ponteareas. Para elas e eles son os dous eventos musicais con “artistas de prestixio e absoluta actualidade”.

Venres

Así, a cita musical comeza este venres, día 15, por partida dobre: dunha banda, o grupo indie AriMagritte. que actuará ás 21:30h na Praza Bugallal, e a continuación o artista galego Roi Méndez, na Praza Maior a partir das 22:30h.

Despois de darse a coñecer na orquestra Olympus, acadar o éxito como concursante no programa televisivo Operación Triunfo e capturar as etapas do camiño de Santiago como influencer, Roi Méndez chega a Ponteareas para facer desfrutar a persoas de todas as idades.

Sábado

E o sábado, música en dous emprazamentos: a Praza Bugallal e a Praza Maior acollerán a primeira edición do festival urbano O Son do Tea, con nomes tan recoñecidos no seu cartel como Uri Sabat, Groove Amigos, Dumore, Samu Pexe, Manu Pérez e DJ Crazy.

Asi, dende as 20:00h comezará a sonar a música para despedir o verán por todo o alto, pero as ‘Festas de Setembro’ continúan ata o 1 de outubro. Como lembrou o concelleiro de Cultura, as entradas para os dous eventos son de balde.

“Os mozos e mozas, que xa non son nenos, pero tampouco adultos, precisan de actividades e eventos adaptados aos seus gustos e necesidades. Por iso, esta fin de semana quixemos dedicarlla a eles, que sempre son os grandes esquecidos das programacións de ocio ofertadas polas institucións públicas”, comenta Ricardo González.

También te puede interesar