Comarcas Vigo al minuto

Recollidos preto de 17.000 quilos de uva na vendima do Castelo de Soutomaior

25 persoas participaron nos traballos

Recollidos preto de 17.000 quilos de uva na vendima do Castelo de Soutomaior

A empresa Enoturismo Acha finalizou os traballos de vendima nos viñedos da finca do Castelo de Soutomaior, propiedade da Deputación de Pontevedra, cun total de 16.775 quilos de uva branca recollidos. Un total de 25 persoas participaron esta semana na colleita, realizada ao longo de dúas xornadas, o martes 12 e o mércores 13, nas catro hectáreas de viña desta contorna.

1,45€ por quilo de uva albariña

A firma que resultou adxudicataria na poxa pública promovida pola institución provincial para realizar la vendima encárgase tanto destes traballos de colleita como do seu traslado posterior e pagará 1,45 euros por quilo de uva albariña recollida e 1,05 € para as outras variedades.

Dende 1984

A explotación vitivinícola do Castelo de Soutomaior remóntase ao ano 1984 e ocupa 4 das 30 hectáreas coas que conta o complexo histórico e patrimonial no seu conxunto. Toda a uva do castelo é autóctona e albariña na súa maioría, pero nos viñedos tamén se atopan outras variedades brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) e tintas (mencía e sousón).

También te puede interesar