Comarcas Vigo al minuto

Rematada a Senda do Foxo Vello, na parroquia de Pereiras, en Mos

O orzamento do proxecto superou os 400.000 euros

Rematada a Senda do Foxo Vello, na parroquia de Pereiras, en Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, visitaron as recentemente rematadas obras de acometida do proxecto de humanización Senda do Foxo Vello. Esta obra, parte do ‘Plan Mos Humanizado’, atópase xa finalizada e “supón un antes e un despois para a parroquia de Pereiras”, apuntou a alcaldesa.

Plan Concellos

Os traballos contan con subvención do Plan Concellos 2022-2023, liña 1 da Deputación de Pontevedra dentro dun orzamento total de 407.000€. Así, as obras consistiron na construción dunha senda peonil dende a Igrexa da parroquia de Pereiras ata a senda de Atín, nas proximidades da estrada PO-331.

Coa súa execución perséguese a mellora da seguridade, tanto da poboación en xeral como dos os pais, nais e nenos do CEIP de Atín, garantindo a comunicación dende a Igrexa.

También te puede interesar