Un total de 8.595 persoas están convocadas esta fin de semana nas sedes da Coruña e de Vigo aos procesos selectivos da oferta pública de emprego (OPE) para os subgrupos A2, C1 e C2 da Administración Xeral do Estado e estabilización de emprego temporal. As probas distribuiranse entre a xornada do sábado, en horario de mañá e tarde, e a do domingo, en horario de mañá.
A Coruña e Vigo
Asi, para garantir a realización das probas, a Delegación do Goberno mobilizou un total de 535 persoas, empregadas públicas, para as tarefas de organización, loxística e vixilancia. Estas desenvolveranse na universidades da Coruña e de Vigo, nun total de 184 aulas; repartidas por 7 facultades dos campus de Elviña (UDC) e Lagoas Marcosende (UVI).
12 procesos selectivos
Nelas celébranse un total, son 12 procesos selectivos de ingreso libre, estabilización e promoción interna para o Corpo de Xestión e o Corpo de Xestión de Sistemas e Informática da Administración do Estado (subgrupo A2); para o Corpo Xeral Administrativo (C1) e para o Corpo Xeral Auxiliar da Administración do Estado (C2).
O sábado 16, serán as probas do subgrupo A2, que concentrarán nesa xornada o exame da proba tipo test e, na mesma tarde, o exercicio de resolución dun suposto práctico. Pola súa banda, o domingo 17 será a quenda dos exames dos subgrupos C1 e C2, que en ambos os casos consisten nunha proba tipo test.