Comarcas Vigo al minuto

A Deputación aproba investir 3,7 millóns en concellos e obras de seguridade viaria

No Pleno celebrado este venres

A Deputación aproba investir 3,7 millóns en concellos e obras de seguridade viaria

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a mobilización de 3,7 millóns de euros para a execución diferentes obras na provincia. Así, deu luz verde-cos votos de PP e BNG- dunha modificación de crédito por valor de 1,3 millóns de euros para investir na mellora de dotacións e equipamentos de infraestruturas do territorio, así como dunha prórroga por valor de 2 millóns de euros do acordo marco para obras de beiravías de seguridade na rede viaria da Deputación.

Deses 1,3 millóns, 490.000€ corresponden a créditos extraordinarios, mentres que os 811.000€ restantes fináncianse con remanentes líquidos de tesourería. No caso das beiravías, a prórroga por valor de 2 millóns divídese en tres zonas: norte (665.125€), centro (738.228€) e sur (595.975€).

Cambio de titularidade de estradas

A sesión serviu tamén para certificar o cambio de titularidade de varias estradas provinciais en Tui, A Illa de Arousa, Marín e Valga que agora pasan a ser de titularidade municipal, así como a modificación de proxectos para executar diversas actuacións en Covelo, Lalín, Mondariz, Pontecesures, Sanxenxo ou Vila de Cruces financiados con
recursos do programa provincial ReacPon.

8,8 días, período medio de pago a proveedores

Así mesmo, o presidente Luis López deu conta do período medio de pago da Deputación de Pontevedra a provedores que foi no mes de xuño de 7,36 días e en xullo, de 8,8 días. “Unha cifra significativamente menor dos 37 días de media que arroxan o resto de entidades locais do Estado”.

Seguridade viaria

Do mesmo xeito, o pleno informou da resolución presidencial para o desbloqueo de 350.000 euros que se destinarán a mellorar a seguridade viaria das estradas EP-9702 entre As Sinas e Vilanova de Arousa e a mellora urbana da EP-2202 entre Baiona e Loureza.

Louzán

O Pleno rematou co rexeitamento -cos votos dos populares- da moción presentada polo grupo socialista na que se pedía a destitución de Rafael Louzán como presidente da Federación Galega de Fútbol, en relación ca súa postura no caso do bico non consentido de Luis Rubiales a Jennifer Hermoso.

También te puede interesar