Galicia Vigo al minuto

O decreto que permite transformar baixos en vivendas entrará en vigo o 15 de outubro

Reduce as esixencias para que podan habitarse

O decreto que permite transformar baixos en vivendas entrará en vigo o 15 de outubro

O vindeiro 15 de outubro entran en vigor as modificacións das normas de habitabilidade de Galicia. As mesmas, entre outras novidades, facilitarán que baixos comerciais e entrecháns sen uso poidan reconverterse en vivendas.

Asi consta no decreto publicado no Diario Oficial de Galicia que, segundo apuntan dende a Xunta, ten unha dobre finalidade. Por unha banda, ofrecer solucións ao problema da falla de vivenda e, por outra, simplificar a normativa e os trámites. Neste sentido, cómpre lembrar que as normas de habitabilidade regulan as condicións que deben cumprir as vivendas que se constrúan ou se rehabiliten en Galicia, para garantir que son lugares axeitados para poder vivir.

Abandono de locais

Ademais, co fin de contrarrestar o abandono de locais comerciais, “detectado sobre todo nalgunhas zonas das cidades, coa súa conseguinte degradación, e reforzar á vez a oferta residencial”, sinalan dende a Administración autonómica, o cambio máis relevante introducido con este decreto busca favorecer ou facilitar a reconversión de baixos desocupados en vivendas cando se dean determinado tipo de circunstancias.

Concellos

Con esta nova normativa, os concello poderán facer excepcións e simplificar as esixencias necesarias para garantir a intimidade dos residentes. Iso sí: debe abranguer ámbitos concretos e xustificarse con razóns urbanísticas ou de protección patrimonial da zona.

Características das ‘novas vivendas’

Na práctica, isto permitirá, por exemplo, que baixos cunha altura de 2,5 metros poidan transformarse en vivendas cando antes se requiría un mínimo de 3,2 metros. Así mesmo, no decreto tamén se flexibilizan as condicións que debe cumprir unha vivenda para ser considerada exterior. En concreto, facilítase a delimitación dos tipos de espazos
exteriores aos que se deben abrir as vivendas para ter tal consideración. Nesta liña, permítese aos concellos definir estas zonas (rúas, prazas, patios…) e incluso outras novas sen necesidade reformau o seu planeamento urbanístico.

Seguindo o mesmo fío, no caso concreto de vivendas localizadas en cascos históricos, antes esixíase que 2 das habitacións principais (salón e dormitorios) tivesen saída ao exterior: a partir de outubro a segunda estancia exterior poderá ser tamén a cociña. Asi mesmo, o diámetro mínimo establecido para que os patios de mazá computen como zonas exteriores de calidade redúcese de 0,7 metros a 0,5 metros.

También te puede interesar