Sanidade recibiu as primeiras 10.900 doses do anticorpo monoclonal do Virus Respiratorio Sincitial (VRS) coas que, como informamos en vigoalminuto, desde o vindeiro 25 de setembro, comezará a inmunizar a todos os nenos e
nenas que nazan nos centros hospitalarios galegos.
Asi, xunto cos neonatos, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) tamén citará entre os días 2 e 15 de outubro a aqueles nenos/as nados desde o pasado 1 de abril de 2023. Por outra banda, as sete áreas sanitarias galegas convocarán, tamén desde o 25 de setembro, aos nenos prematuros (nados desde o 1 de outubro de 2021), e aos nenos de alto risco (cardiopatías, displasia broncopulmonar, etc) con menos de 24 meses.
Está previsto que se lle administre o anticorpo do VRS a máis de 15.000 cativas e cativos.