Parentes de Ángel Cobelo, veciño da parroquia de Xinzo, en Ponteareas, desaparecido este sábado pasado, veñen de informar que está localizado.
Nunha publicación en redes sociais, sinalan “despios da tormenta chega a calma. Para nós esta tarde saiu o sol. Ángel apareceu, dentro do que cabe, ben”. Ademáis agradecen a colaboración de persoas particulares e da Garda Civil de Ponteareas, “que fixo un traballo exemplar“.