Galicia Vigo al minuto

O Teatro García Barbón estrea ‘Síbaris’, de Domingo Villar

O domingo, día 30, ás 20:30h.

O Teatro García Barbón estrea 'Síbaris', de Domingo Villar

O vindeiro sábado, día 30, ás 20:30h, no Teatro García Barbón, terá lugar a estrea de ‘Síbaris’, obra póstuma de Domingo Villar. Baixo a dirección de Lois Blanco, sobe ao escenario en Vigo para render homenaxe a unha das grandes figuras das letras galegas contemporáneas. As entradas para este espectáculo, protagonizado por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Nóvoa, están á venda a través de Ataquilla.com.

Trama

Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.

Laura, a súa muller, anímao a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo. A vida dos Morel semella afundir no desconsolo, cando Laura atopa unha saída.

También te puede interesar