Vigo al minuto

Continúan os paros en Vitrasa…cara á folga de 24 horas do venres

Os traballadores instan a empresa e Concello a atopar una solución

Paros parciales en Vitrasa, desde la semana del 18 de noviembre

“O cadro de persoal de Vitrasa está a secundar hoxe masivamente a primeira xornada de paros parciais indefinidos, sinalan dende a representación dos traballadores. Os mesmos están convocados para forzar á empresa e ao Concello a buscar unha solución ao conflito laboral. Este, subliñan os traballadores, está aberto logo dos “reiterados incumprimentos da dirección en materia laboral”. Por iso, chaman a cidadanía a participar na manifestación prevista para este venres, día 22, dende o cruzamento dos Choróns ás 19:00 horas. A mesma coincidirá coa primeira xornada de folga de 24 horas.

De 07:30 a 09:00h, de 12:30 a 15:30 e de 19:00 a 21:00h.

A representación dos traballadores valora “positivamente” o seguimento dos paros desenvolvidos de 07:30 a 09:00 horas e de 12:30 a 15:30 horas e agardan unha resposta similar no que terá lugar de 19:30 a 21:00 horas. No caso de sábados, domingos e festivos a medida de presión afectará a franxa horaria que vai das 19:00 ás 21:00 horas. Estes primeiros paros, engaden, coincidiron coa celebración da semana europea da mobilidade.

Vitrasa priva aos vigueses dun servizo público de calidade

“Lamentamos que os cidadáns non poidan dispoñer dun servizo público de calidade debido á negativa de Vitrasa a calquera negociación e á sorprendente inacción do Concello de Vigo sinalan. Finalmente, os representantes sindicais felicitan ao alcalde por “conseguir a suba do IPC para corporación municipal nuns poucos meses, mentres os traballadores de Vitrasa levamos case tres anos co noso soldo conxelado”.

También te puede interesar