Comarcas Vigo al minuto

O DOG publica este mércores a licitación do proxecto do Centro de Coidados Intermedios de Mos

Estará no Rebullón

O DOG publicará este mércores a licitación do proxecto do Centro de Coidados Intermedios de Mos

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores o contrato de licitación para a redacción do proxecto básico e de execución do futuro centro de coidados intermedios público de Mos. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo onte unha reunión coa alcaldesa, Nidia Arévalo, para revisar o seu contido.

O primeiro do Estado

Este será o primeiro centro destas características en todo o Estado, xunto ao que se está a poñer en marcha no Cegadi de Santiago. Está dirixido a persoas que, tras recibir a alta hospitalaria, seguen precisando coidados e atencións. Deste xeito, procúrase garantir a súa rehabilitación completa e evitar así, que perdan en autonomía ou se agrave a súa situación. O centro de Mos contará con 60 prazas e para na súa execución investiranse 5,4 millóns de euros.

También te puede interesar