Máis que Auga súmase ao BeActiveDay (o que ven sendo ‘MoveOCu’), que se celebra o sábado, 23 de setembro, en toda Europa, dentro do marco da Semana Europea do Deporte (do 23 ao 30). O obxectivo fundamental deste día é destacar a importancia da actividade física no benestar físico, mental e social das persoas.
Masterclass gratuitas
Desta forma, todos os centros asociados á Fundación España Activa, entre os que se atopa MQA, celebrarán, no primeiro día da Semana Europa do Deporte, o BeActiveDay cunha xornada de portas abertas. No caso de Máis que Auga ofrecerá 6 masterclass gratuítas (3 de mañá e 3 de tarde) de forma simultánea en todos os centros, nas que poderán inscribirse tanto os socios como persoas externas, que poderán gozar ademais ese día de acceso
gratuíto ao resto da instalación (ximnasio e piscina).
Ainda máis: por se se acaban as prazas e hai persoas que quedan con ganas de coñecer as instalacións de Máis que Auga, o sábado pola tarde será xornada de portas abertas para acceder ao ximnasio, a piscina ou o spa. Neste caso, non é necesario reservar. Tan só deberán achegarse ata a recepción e dicir que veñen coñecer o centro.
Por último, sinalar que todas aquelas persoas que se fagan socias ese día 23, non terán que abonar matrícula e poderán gozar do resto do mes de setembro gratis.
Como inscribirse?
A inscrición poderá realizarse a partir deste mércores, día 20 de setembro e para os abonados será o procedemento normal. No caso dos externos, poden realizarlo premendo AQUÍ.
En total serán 650 prazas para gozar das seguintes masterclass: pola mañá de zenyo, power e bike, mentres que pola tarde (a partir das 17:00 horas), será o momento de gozar con invicto, gluteboom e zumba.
MeuFit
Os dous centros de MeuFit (Tomiño e Vigo) tamén celebrarán o BeActiveDay, pero neste caso farano o venres 22 (tarde) e o sábado 23 (mañá). En MeuFit o prazo de reserva xa está aberto e tamén será tanto para socios (seguindo o trámite habitual) e non abonados á instalación, AQUÍ. Ademais, no centro de Vigo haberá 160 prazas gratis para as masterclass de gluteboom, power, zenyo e bike.