Destacados Vigo al minuto

Vigo reforza a limpeza con vehículos ecolóxicos

Propulsados por gas natural comprimido

Vigo reforza a limpeza con vehículos ecolóxicos

Vigo contará con novos vehículos de limpeza ao longo deste mes, propulsados por gas natural comprimido (GNC), e equipados cun equipo hidrolimpador de alta presión que veñen a substituír a outros tres vehículos de gasolina.

Decapadora

A eles súmase unha decapadora de alta presión e auga quente (marca CMAR), pensada para zonas peonís. Provista dun sistema de reaspiración que permite absorber a auga e todas as manchas decapadas con alta presión e auga quente, ofrece resultados ecolóxicos -permitindo un aforro de auga- e económicos, grazas ao baixo consumo de fueloil”, sinalan dende o Concello.

…e un recolector compactador

As incorporacións complétanse cun recolector compactador de carga lateral dereita, propulsado por GNC. , de 19m3 de capacidade. Substituirá a outro vehículo de similares características, pero propulsado por gasóleo.

También te puede interesar