Este sábado día 23, terá lugar a II edición da Contrarreloxo por equipos Concello de Redondela, en colaboración coa Asociación Deportiva C.A.R. A proba dará comezo ás 19:00 horas e terá unha duración de vía urbana cunha distancia aproximada de 5 quilómetros. O percorrido abrangue dúas voltas: unha pequena superficie (1.600m) e a Grande (3.400m), pasando pola meta entre un e outro. O perfil do mesmo é completamente chan 100% asfaltado. Os equipos sairán progresivamente cada minuto.
Haberá servizo de gardarroupa nos soportáis do edificio do Concello e as duchas estarán ubicadas no Pavillón municipal da Marisma (vestiario 1 e 4, estarán identificados cun cartel)
O tráfico no centro da vila permanecerá pechado de 17:30 a 21:00.