Cultura Vigo al minuto

‘Videodrome’ e ‘Mi vecino Totoro’, protagonistas da primeira fin de semana no GFFF

Arranca a 7ª edición do Fetival Internacional de Cinema Freak de Vigo

'Videodrome' e 'Mi vecino Totoro', protagonistas da primeira fin de semana no GFFF

Arranca a sétima edición do festival internacional de cinema freak de Vigo con actividades o venres 22 e o sábado 23 no Auditorio do Concello

Venres 22: Inauguración

Proxección de Videodrome e coloquio

O GFFF inaugura a súa sétima edición coa proxección de Videodrome. O filme de Cronenberg fai 35 anos e desde o certame non podían pasar a oportunidade de homenaxear á película, coa que bautizaron a súa sala de proxeccións. Será unha oportunidade única de volver a ver esta obra de culto en pantalla grande.

Estreada en 1983, Videodrome é unha obra mestra do cinema de terror. Un filme que combina o terror, a ciencia ficción e as profecías, que explora condición humana (e inhumana) a través da mutación e mutilación do corpo e da intersección entre a tecnoloxía, o entretemento e a política.

Tras a proxección, o especialista en caracterización e efectos especiais, e colaborador habitual do Galician Freaky Film Festival, guiará un coloquio sobre os recursos utilizados no filme.

Horarios e prezos venres 22

19:30 – Benvida do director do festival, Juan de Castro

19:45 – Proxección de Videodrome

21:30 – Coloquio sobre efectos especiais con Ricardo Spencer

6 € anticipada e 8 € en taquilla

Sábado 23: Pequefreak

Proxección de O meu veciño Totoro, obradoiros e curtametraxes

O sábado 23 de setembro os pequenos de 5 a 12 anos teñen unha cita co cinema freak e fantástico na terceira edición do Pequefreak, a xornada de cultura freak infantil do GFFF.

A proxección de O meu vecño Totoro é un dos pratos fortes do programa. O filme de Hayao Miyazaki, referente da cultura xaponesa a nivel mundial, mergúllanos nunha abraiante aventura chea de tenrura, fantasía e amor pola natureza sen importar a idade do espectador. Totoro leva encandilando a varias xeracións desde 1988 e o Pequefreak brindará a oportunidade de que desfruten xuntas desta xoia audiovisual, en pantalla grande.

A sección oficial deste ano conta con 7 curtametraxes chegadas de países como Francia, Chequia ou Reino Unido, na que non faltarán familias, animais e monstros vivindo aventuras disparatadas en escenarios distópicos. Como cada ano, o público votará cos seus aplausos á súa curtametraxe favorita, que recibirá o galardón ‘Olimpo dos Pequefreaks’.

O Pequefreak contará con dous obradoiros. A escola viguesa de banda deseñada Kame impartirá un taller de debuxo de personaxes, tomando como referencia ao icónico Totoro de Hayao Miyazaki e utilizando recursos de anime xaponés. Por outra banda, e debido ao éxito do ano pasado, Ricardo Spencer volverá introducir á cativada no abraiante mundo dos efectos especiais con sinxelos experimentos que os farán voar ou facerse crecer un sexto dedo na man (este obradoiro xa está completo).

Horarios e prezos sábado 23

10:30 – 12:30 h : Obradoiro FX

10 € | Completo! 

12:30 – 14 h : Curtas Sección Oficial

4 € | Pequefreaks e freaks

16:15 e 17:30 h (dous pases) : Obradoiro de cómic con Kame

5 € | 15 prazas para pequefreaks 

18:30 – 20 h : Curtas Terror Kids

4 € | Pequefreaks  + 7 anos e freaks

20 – 22 h : Entrega de premio e proxección de O meu veciño Totoro

6 € | Pequefreaks e freaks

También te puede interesar