Cultura Vigo al minuto

Volven ao Castelo de Soutomaior ás visitas teatralizadas de Samaín

A cargo da compañía Troula Animación

Samaín no VigoZoo o día 1 de novembro

A Deputación de Pontevedra acaba de poñer este luns á venda as entradas para asistir ás visitas teatralizadas de Samaín que organiza o Castelo de Soutomaior durante o próximo mes de outubro. A institución provincial celebrará dúas modalidades distintas, unha delas nocturna e destinada ao público adulto e outra para un público infantil e
familiar. Ambas as dúas actividades están a cargo da compañía Troula Animación.

Venres, sábados e domingos

As visitas para público infantil celebraranse todos os sábados e domingos do mes (os días 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de outubro) en dobre sesión, ás 11:30 e ás 16:30 horas, e nelas o público gozará dunha historia terrorificamente divertida.

Polo que atangue ás visitas destinadas ao público adulto terán lugar os venres e os sábados (os días 6, 7, 13, 14,
20, 21, 27 e 28 de outubro) en horario de 20:00 horas, e nelas os participantes (idade recomendada a partir dos 16 anos) porán a proba a súa valentía nunha visita guiada onde nada é o que parece.

Entradas

As entradas das visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior están dispoñibles na plataforma de venda en liña (entradas.castelodesoutomaior.com), a un prezo único de 8 € e incluíndo a entrada ao Castelo, valorada en 5 €.

As quendas organízanse para grupos de 30 persoas, polo que a razón de 30 pases (16 das visitas familiares e 8 das de público adulto) a Deputación de Pontevedra pon á disposición do público un total de 720 entradas para esta actividade.

También te puede interesar