Segundo os datos publicados polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, a pensión media que cobran 773.177 galegas e galegos -é dicir incluindo as de xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares- situouse este mes en Galicia nos 1.023,04 euros. Esta cantidade é un 9,7% maior que a de setembro de 2022. Aínda así, a diferencia coa ‘media’ do resto do Estado é de 173€ mensuais.
Xubilación, viuvez, orfandade ou incapacidade
Na actualidade 485.878 persoas perciben en Galicia unha pensión de xubilación, cunha cuantía media de 1.170,42€. Doutra banda, 184.388 galegas e galegos cobran 721,90€ da súa pensión por viuvez. Outras 72.653 persoas reciben 1.017,12€, de media por incapacidade permanente; outras 23.404 teñen uns ingresos medios de 472,12€ por unha pensión por orfandade, e 6.854 ingresaron 620,66€, de media, este mes, pola pensión en favor de familiares.