A sanidade pública de Vigo conta cunha nova resonancia magnética e 5 novos TACs, adquiridos por Sanidade, por preto de 5,8 millóns de euros, con cargo aos fondos europeos Next Generation. Con esta adquisición, “optimízase a tecnoloxía que prestaba servizo no Álvaro Cunqueiro”.
RMN de altas prestacións
A nova resonancia, que comezou a funcionar no pasado mes de xullo, xa leva realizados 1.500 estudos radiolóxicos. Trátase dun equipo de ultima xeración e de altas prestacións. Conta cunha maior resolución anatómica, permitindo ver lesións de tamaño minúsculo.
Asi, as súas características tecnolóxicas posibilitan obter imaxes de máis calidade en calquera órgano, nun tempo menor e conseguindo un diagnóstico máis preciso e eficiente. Isto significa unha “achega inestimable para a detección precoz de múltiples patoloxías, especialmente en pacientes oncolóxicos e neurolóxicos”. Neste senso, os especialistas salientan que “un diagnóstico máis preciso posibilita un tratamento máis axeitado e individualizado, o que conleva maiores beneficios para o paciente”.
Máis cómodos e máis rápidos
Ademais, os novos equipos contan cun deseño que introduce melloras no confort dos usuarios, xa que o tubo é mais grande, polo que “o paciente se sentirá máis cómodo e seguro”. Outra das características é a axilidade na realización da proba, xa o tempo da se reduce considerablemente, nalgúns casos ata nun 60%.
TAC espectral, mellor capacidade diagnóstica
No referido aos 5 TACs, 3 están funcionando no Álvaro Cunqueiro e 2 no Meixoeiro. Un deles, instalado no Cunqueiro, conta con tecnoloxía espectral, que mellora a capacidade diagnóstica, oferta maior precisión e definición da imaxe, e diminúe as doses de radiación e contraste. En solo 6 meses de funcionamiento, o TAC espectral xa efectuou 12.500 estudos .