Fotografía: Xavi Iglesias/ A cuarta edición do festival TerraCeo concluíu coa asistencia de 11.000 persoas que déronse cita na terraza do Auditorio Mar de Vigo entre maio e setembro.
Así, entre os eventos destacados que se presentaron este ano atópanse, entre outros, o de Arde Bogotá, coa súa mestura explosiva de rock alternativo e letras emotivas. Tinariwen, os mestres do blues do deserto que trouxeron a súa mística musical desde o corazón do Sahara. Depedro, fusionando folk, rock e ritmos latinos. Curtis Harding, considerado un dos grandes nomes do soul e o R&B na actualidade. Julieta Venegas, a aclamada cantautora mexicana. Os incombustibles !!! (Chk Chk Chk) quen é xunto con LCD Soundsystem una as grandes bandas de dance-punk. Ou HARD GZ, un dos expoñentes máis destacados do panorama urbano, que puxo o broche final este pasado sábado coa terraza do Mar de Vigo ata a bandeira.
Por TerraCeo tamén pasaron outras bandas e artistas como La La Love You, Kitty, Daisy & Lewis, María José Llergo ou Pancho Varona, dentro da liña do festival de atraer a artistas de diferentes estilos e xéneros ao Mar de Vigo.