Destacados Vigo al minuto

Dende este xoves, 5ª edición das Xornadas “Videoxogo e Literatura”

No Museo MARCO e coa actuación de Elesky

Dende este xoves, 5ª edición das Xornadas "Videoxogo e Literatura"

Dende este xoves, o Museo MARCO será a sede da 5ª edición das Xornadas “Videoxogo e Literatura” que, ata o sábado, día 30, organiza a Fundación Carlos Casares.

Esta cita anual pretende abordar o sector cunha perspectiva transversal, sen perder de vista a relación coa literatura e as súas técnicas. Ademais, afondará nas relacións con outros sectores culturais e creativos. Asi mesmo, tamén quere ampliar o coñecemento público do sector; debullar as perspectivas de crecemento e apuntar retos e desafíos dos seus profesionais.

Novos contidos

Esta quinta edición incorpora, tamén, novos contidos para as mesas redondas e os faladoiros (dobraxe, tradución, creación de contidos, procura de accesibilidade, sostibilidade, creación indie, mangas, xogos de mesa e rol, proxectos educativos e formativos, etc.) e unha masterclass sobre deseño de diálogos.

Concerto de Elesky

Como actividade externa, contará coa presenza de Elesky, que dará un concerto de piano no cine Salesianos o venres, día 29,ás 19.45h. A artista fará un repaso polas bandas sonoras dos videoxogos. A entrada é gratuíta ata cubrir o aforo do recinto.

Desconferencia

Consolídase tamén a “Desconferencia”, un espazo reservado a calquera persoa interesada en vir falar ata un máximo de 10 minutos da súa experiencia, do seu proxecto creativo no sector do videoxogo, das súas inquedanzas na literatura transmedia, etc. Un micro aberto na que, para poder participar, soamente é necesario apuntarse previamente.

Rexistro gratuito

A entrada ás xornadas é de balde. É recomendable, en termos de aforo, que as persoas interesadas se apunten previamente na páxina web das Xornadas: www.videoxogoeliteratura.gal Para a “Desconferencia”, hai un rexistro específico na sección correspondente dentro da mesma páxina.

También te puede interesar