Este xoves, 5 de outubro, ás 18:00h., no espazo Banda Deseñada (r/Portela, 3) no Calvario, Xavier Queipo e o ilustrador Primitivo Marcos, asinan exemplares deo libro “O paso do noroeste”. Será o primeiro acto dos tres que hai hoxe na cidade arredor desta obra. Así, ás 19:30 h, , na Casa del Libro, haberá unha presentación na que os autores, estarán acompañados por Marcos Calveiro, director de edicións da Editorial Galaxia.
Posteriormente, ás 20:00 h, inaugurarase, en Rio Lagares (r/Falperra, 16) unha exhibición arredor do proceso creativo da obra, con todas as etapas da ilustración, de Primitivo Marcos.