O proxecto de remodelación da nave de Aceros del Tea e a súa adecuación para uso municipal deu un paso máis, logo da sinatura da acta de inicio da obra entre o Concello de Ponteareas e a empresa adxudicataria,Prace Servicio y Obras SL. Este trámite, logo de que lograr a titularidade municipal, adianta o inicio dos traballos para fecer realidade este proxecto.
Elemento arquitectónico catalogado
Asi, segundo consta na acta, que recolle as motivacións do propio concello, a “finalidade (desta actuación é) protexer e poñer en valor un elemento arquitectónico catalogado como patrimonio industrial, en desuso e en estado de degradación, e contribuír á rehabilitación e transformación do casco urbano da vila, así como ao incremento do
turismo como consecuencia do atractivo resultante da intervención”. Con este obxectivo, iníciase a transformación da antiga nave, mantendo o seu aspecto exterior.
A empresa adxudicataria iniciará á maior brevidade os traballos topográficos e de acondicionamento interior da nave; redactará o proxecto de rehabilitación e de execución; a propia rehabilitación así como actuacións específicas para promocionar a intervención grazas á aportación dos fondos comunitarios FEDER, “e contando coa participación activa da cidadanía”. A inversión total para estes traballos ascende a 720.000€.