Cultura Vigo al minuto

Mira que puedes hacer este viernes

En Vigo

Mira que puedes hacer este viernes

Espectáculos en la calle, cine, música, artesanía…oye ¡hasta caligrafía japonesa!. Así es como se empieza el fin de semana. No solidarizamos contigo si prefieres ponerte con el churrasco o hacer una paella…tienes nuestro teléfono y nos apuntamos.

Como facemos cada semana, recomendámosche un libro: este é dun vigués, e Premio Xerais, ademáis: ‘Ninguén contará a verdade’ de Pedro Feijóo (Xerais). Mineralizador, vitaminizador e literatura galega, todo en unha dose.

Vigo

En FNAC (Centro Comercial Vialia), a las 18:00h ‘Taller de caligrafía japonesa‘. Sí, has leído bien. Isabel Briones, de Matsuritako, imparte la segunda sesión de este taller de caligrafía japonesa que se centrará en los días de la semana. Las plazas son limitadas, quedan algunas disponibles y se puede realizar la inscripción en Información hasta unos minutos antes del evento.

Na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (García Barbón, 5), ás 19:00h. volven os ‘Venres da EMAO’, coa presentación do libro “Manual galego de zanfona”, repertorio didáctico progresivo. 1ª parte” polo seu autor, Suso Vaamonde. Entrada libre ata completar aforo.

Príncipe, dende o MARCO á Porta do Sol, ás 20:00h. espectáculo de rúa ‘Sube aos teus soños’. Rock in the air, de Pablo Méndez. un espectáculo vangardista que combina a destreza acrobática co impacto e magnitude do
títere xigante.
“Sobe aos teus soños” é unha viaxe que explora o poder da imaxinación, a perseveranza e a
superación persoal. Esta obra de rúa lembra que ás veces debemos elevarnos por enriba das nosas limitacións para alcanzar os nosos obxectivos máis audaces.

Café Bar Triskel (r/Illas Baleares nº32, esquina con r/ Zamora), ás 21:30h. Solo Amalio. Cena Monólogo. Entrada: gratuita para cenas…ojo:para reservar mesa es obligatorio cenar. Aforo limitado. Reservas: 675 602 026.

La Fábrica de Chocolate (Rogelio Abalde, 22), ás 21:30h. derradeiro concerto do ano e da xira de Galego Común, antes dunha parada biolóxica de rigor para chapa e pintura. Gallego Común é unha banda de catro tipos do Morrazo, que fan o que poden, non o que lles gusta: “música precaria para unha época confusa. Rock rudimentario, sen ningunha pretensión pero con moiro autoodio”. Entradas: 8€.

Cangas

Auditorio Xosé Manuel Pazoz, ás 21:00 horas segue a Semana de Cine de Cangas, coa proxección do filme TRALOS PASOS DE MARÍA CASARES (2022), dirixido por Isabel Blanco. Quen xunto á tamén intérprete Sabela Hermida percorren os pasos dunha muller referente para as artes escénicas do século XX, a actriz María Casares, galardoada coa Medalla ao Mérito en Belas Artes en España e co Premio Nacional do Teatro en Francia.

O sábado, día 7, ás 18:00h.as nenas e nenos poderán achegarse ao cinema de Israel, Canadá e Bulgaria da man do maratón de curtametraxes DUNIA E OUTROS CONTOS DO MUNDO. Con este tipo de propostas, o CineClub Cangas busca brindar unha experiencia enriquecedora e diversa, destacando o potencial do cinema como unha valiosa ferramenta para aprender e gozar ao mesmo tempo.

Baiona

En Baiona poderás gozar durante esta fin de semana de varias funcións teatrais da man do Circuito Gallego de Teatro Amador. Esta actividade está enmarcada dentro da programación de outono realizada pola Concellería de Cultura . A primeira das actividades terá lugar este venres , 6 de outubro,  no auditorio municipal V Centenario ás 20:00h. Trátase dun espectáculo que contará coa interpretación de Andaravía Teatro que ten por título “Camiños e carreiro”.

Tomiño

Tomiño prepárase para vivir en outubro unha gran festa literaria. O Concello pon en marcha este mes a segunda edición do programa ‘Outono de libros’, catro presentacións de títulos literarios da man dos seus autores e autoras, todas e todos escritores da comarca e con obras ambientadas no territorio. O cangués Dani Blanco será o encargado de estrear esta nova edición do ‘Outono de libros’. Será este venres coa presentación do seu libro ‘Murmuraban as miñas veciñas’. As 20:00h. no Mercado Municipal.

Tui

A ‘Compañía Humana’ abre este venres a ‘Programación de Outono’ en Tui. Será no Teatro Municipal ás 21:30h. con “Iphixenia”, unha revisión contemporánea do clásico de Eurípides. Sara Rey dirixe esta obra interpretada por Alba Caneda. Entradas en www.tui.gal.

Limpeza praias

Lembra que a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) convoca a súa Limpeza Simultánea de Praias ao longo de todo o litoral galego, os días 6, 7 e 8 de outubro na que vai ser xa a súa XII edición.

Na ría de Vigo hai organizadas convocatorias en praias de Cangas (Areamilla, Rodeira eCongorza + Medio), en Nigrán (América/Lourido, Madorra e Patos + Prado) e en Vigo (Areal do Carril en Alcabre e praia do Mende en Teis a vindeira semana). As inscricións poden facers no enderezo [email protected], ou mirando información dos contactos na web de Adega.

También te puede interesar