Comarcas Vigo al minuto

‘Mulleres Extramuros’, vive este sábado a súa xornada máis especial nas Neves

Con actuacións musicais e percorrido pola parroquia de Vide

'Mulleres Extramuros', vive este sábado a súa xornada máis especial nas Neves

A parroquia de Vide, nas Neves, vivirá este sábado unha xornada especia coa participación de veciños e veciñas no peche do programa ‘Mulleres Extramuros’ da Deputación de Pontevedra, iniciado o pasado mes de marzo co obxectivo de mixturar a arte de vangarda e o mundo rural, baixo as claves de igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público.

Logo daquela toma de contacto, entre abril e maio, as artistas traballaron nas súas propostas, deseñando un proxecto específico de intervención. A continuación, na primeira quincena de xullo, tivo lugar o proceso de creación-residencia, co traslado das artistas á aldea para realizar o proxecto artístico, inspirado na propia parroquia, no que houbo unha convivencia constante e diaria coas artistas que plasmaron as súas ideas ao longo de Vide.

Mañá, Mulleres Extramuros despídese, dende as 16:30h. na Casa da Auga, cun programa de actividades que abrangue a actuación das Pandereteiras de Vide e do grupo As Lembranzas; un percorrido polos barrios; baile e brinde, para celebrar a arte que se fai en comunidade, “que escoita e recolle memoria, que transforma o territorio e que constrúe espazos de encontro para a cidadanía, poñendo en valor o noso rural”, xunto coas artistas participantes: Cestola na Cachola, Lucia Loren, Iva Viana, Doa Oa Ocampo, Ana Soler Baena, Carme Nogueira & Javier FernandezesXabilin, Nuria Villa & Alberto Brandón

Te podría interesar