O ex secretario xeral do PSdG-PSOE, ex presidente da Deputación de Lugo e deputado no Congreso, José Ramón Gómez Besteiro (55), vén de anunciar que se presentará ás ‘primarias’ para ser o candidato socialista á Presidencia da Xunta.
Besteiro fixo o anuncio pouco antes do comezo, no Parlamento de Galicia, do debate sobre o Estado do país. Na súa comparecencia ante os medios, subliñou que toma esta decisión “con gran orgullo” e “satisfacción” e adiantou que nuns días amosará o seu proxecto, para “satisfacer” aos militantes e para enviar “unha mensaxe” a Galicia sobre “a posibilidade de cambio”.
Gonzalo Caballero cuestiona o procedemento
Pola súa banda, onte, o tamén ex-secretario xeral dos socialistas galegos Gonzalo Caballero adiantaba que ‘retomaba’ o proceso de escoita de cara a las ‘primarias’. Caballero, que perdeu o liderato do PSdG en outubro de 2021 ante Valentín González Formoso, asegurou que a súa intención é “axudar a endeitar o rumbo e fortalecer o socialismo galego”. Ademais, amosouse sorprendido de que Besteiro se “autopropuxese” como candidato “rachando co periodo de suspensión das primarias determinado por Ferraz”.
Gonzalo Caballero, que en 2020 como candidato á Presidencia da Xunta acadou o peor resultado dos socialistas na súa historia, pediu unhas primarias “de cambio” e non “teledirixidas”, engadindo que “mal van” si non se respectan “as normas da dirección federal”. Asi mesmo, engadiu que “algúns cren que creando un clima de opinión sobre un candidato único para o PSdeG adiántase electoralmente, pero a liña política retrocedeu nas [eleccións] Municipales e nas Xerais e se non endereitamos o rumbo puede haber outro retroceso”.