O Concello das Neves ten un intendo programa de acividades para esta ponte de outubro, a primeira logo das vacacións de verán.
- Este mesmo mércores, dentro das ‘Festas de Outono’, actuacións de Volta e Dalle; Mai, Willow GHZ e DJ Iván Alonso. Ás 21:00h. na carpa da Praza Maior.
- O xoves, día 12, ás 09:00h. ‘Ruta Micolóxica’, con saída dende a Praza Maior; ás 12:30h., no mesmo lugar, actuación da charanga ‘Os Imperiais’; ás 17:00h., na Casa da Xuventude, obradoiros de Cultura Urbana – Skate, Graffiti, danza urbana e stencil-; ás 18:00h. ‘Campionato de tute’, na cantina de Santa Marta.
- Venres 13, ás 18:00h. ‘Obradoiro Sorpresa’ A Xanela do Maxín, pra nenos, na Praza Maior; ás 19:00h. presentación do segundo libro de poesía ‘Sorrisos e Bágoas’, de María Gil Cuiña, no Auditorio José Gil.
- Sábado 14, ‘Maxia na rúa’, ás 18:00h. das mans do Mago Paco, na Praza Maior.
- Domingo 15, ás 18:00h. Obra de Teatro Backstage, no Auditorio José Gil.