Comarcas Vigo al minuto

Covelo capacitará a 15 condutores para obter o permiso de transporte de mercadorías perigosas

Prazo de inscrición ata o día 20, para empadroados e non empadroados

Covelo capacitará a 15 condutores para obter o permiso de transporte de mercadorías perigosas

A concelleira de Emprego e Formación do Concello de Covelo, Lourdes Enes, informa que ata o vindeiro día 20 de outubro estará aberto o prazo de inscrición no curso ADR básico e cisternas. Un novo curso do VII Plan de Formación de Covelo que, ao longo de todo o ano, da acceso a formación subvencionada a veciñas e veciños. Co obxectivo de promover a inserción laboral, o Concello ofrece 15 prazas para obter o permiso de condución de transportes con mercadorías perigosas.

Totalmente financiado con fondos municipais, as persoas participantes só terán que aboar o estipulado na ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación de actividades formativas, é dicir, unha contía de 12€ para empadroadas/os e de 36€ para as persoas non empadroadas. O Concello de Covelo asumirá os gastos incluídas as taxas de examen, tendo cada participante dereito a dúas convocatorias.

No Polígono da Granxa

Este curso desenvolverase nas instalacións de APETAMCOR no polígono industrial de A Granxa no concello de O Porriño. As clases impartiranse os días 27, 28 e 29 de outubro e o 3, 4 e 5 de setembro. Cunha duración de 34 horas será impartido en horario de tarde o venres de 17 a 22 horas e os sábados e domingos de 07:30 a 14:30.

As persoas que desexen optar a este curso deberán ter en vigor o permiso de condución B e o DNI, ademais de cumprir os reflexados nas bases.

“Logo de realizar unha consulta coa cidadanía, ter en conta as observacións de orientación laboral e das academias de formación e investigar a demanda do mercado laboral, ofrecemos estes cursos cos que pretendemos mellorar non só o curriculum das persoas sen saír da súa contorna, tamén contribuír a que poidan atopar un traballo”, explica Lourdes Enes que engade que son cursos que capacitan ás persoas con coñecementos e destrezas requeridas polas empresas.

También te puede interesar