Comarcas Vigo al minuto

O Rosal pon en marcha a reparación de camiños dañados polas choivas de xaneiro

Persoas e empresas interesadas poden presentar propostas ata o día 30

O Rosal pon en marcha a reparación de camiños dañados polas choivas de xaneiro

O Concello do Rosal continúa avanzando no seu programa de intervencións nos camiños rurais con novas obras de mellora nos camiños de Canas e Morraceira. Ademáis, dunha parte da Estrada de Couselo. dende o cruce entre o camiño Barriños e o camiño Couselo de Abaixo ata o camiño Vilariños, en Fornelos.

Licitación

Así, o Goberno municipal ven de sacar a licitación os traballos de reparación de case 12.000 metros cadrados de camiños co obxectivo de “aumentar a comodidade e seguridade viaria en tres camiños que resultaron danados polas fortes choivas ocasionadas o pasado Nadal, ao tempo que se renova o pavimento, deteriorado nalgunhas zonas”, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Tres meses

As obras, que terán unha duración de tres meses, saen a contratación por case 140.000€ financiados ao abeiro dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a reparación de danos causados polas intensas choivas de decembro de 2022, que causaron graves estragos en bens, equipamentos, infraestruturas e instalacións municipais.

Aínda que os tramos que se procederá a arranxar non presentan danos estruturais, si é necesario reparar as zonas deterioradas que poden afectar á seguridade da circulación renovando a superficie da calzada, o que permitirá mellorar as súas características funcionais así como a súa durabilidade.

As persoas e empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 30 de outubro.

También te puede interesar